Puntadas en fío “A lúa prendeu a luz”

12,00

A lúa prendeu a luz (maio 2015)
Trátase dun disco formado por nove temas de moi diferentes estilos, partindo algúns do tradicional e sendo outros composicións propias, de autores da nosa terra ou traducións de cantigas escritas orixinariamente noutras linguas.
Na liña habitual do grupo, destaca a sonoridade orixinada polos instrumentos que utilizan (saxo e vibráfono) e que puxeron en mans de Pedro Lamas, Roberto Somoza e Adrián Saavedra, que se ocuparon dos arranxos.

O fío conductor de “A lúa prendeu a luz” é o tempo. Tódalas cantigas falan sobre el: narrando acontecementos clave da nosa historia, aconsellando as mellores fórmulas para afrontar o seu paso e non temer ao futuro, lembrando os amores que marcharon e non voltarán… letras profundas e de calado que non deixan a ninguén indiferente.

Hai existencias

Categorías: ,
Descripción

Puntadas en fío “A lúa prendeu a luz”

TEMAS

01 – Eco
02 – Buenos Aires
03 – Fidelidade
04 – O Paseo
05 – Palabras para Xulia
06 – Todas as rúas
07 – Senhora do Almortao
08 – Ron-Ron
09 – Pasado o punto de Rescate

Envíos e Devolucións

ENVÍOS

Os gastos de envío serán en toda Galicia de 7 € ó resto da península de 9€ e 11€ a Portugal.

Envío gratis en compras  superiores  a 85 €.

Contáctanos por email (info@portadapiaartesania.com) para ver posibilidades de envío a islas ou fora de España.

DEVOLUCIÓNS

Aconséllase revisar o paquete ante o transportista, antes de asinar a recollida. No caso da observación dalgún dano, indicar ao transportista que o especifique no albarán de entrega para a posterior reclamación.

O cliente ten 24 horas despois de recibir o paquete para calquera reclamación dunha incidencia da mercancía entregada.

O prazo de cambio é de 1 mes. Os gastos de envío dos cambios correrán a cargo do cliente.

En caso de devolución dalgún producto enviaremos un bono polo valor da devolución. Non facemos reenbolsos en efectivo.