INFORMACIÓN DA TENDA

Os gastos de envío serán en toda Galicia de 5 € ó resto da península de 7€. Envío gratis en compras  superiores  a 85 €. Envío 24-48 horas gratis en compras superiores a 150 €.
Contáctanos por email (info@portadapiaartesania.com) para ver posibilidades de envío a islas ou fora de España.

Os prazos de entregan son de 72 horas para días laborables.

En Porta da Pía revisamos  a diario as existencias de cada producto publicado na web. Non obstante por erros humanos ou informáticos, non garantimos no momento da súa compra a dispoñibilidade do producto en cuestión. Nestes casos poñerémonos en contacto, na maior brevedade posible, para informarte do prazo para recibir o teu pedido. Tendo sempre o dereito a cancelación do mesmo.

Aconséllase revisar o paquete ante o transportista, antes de asinar a recollida. No caso da observación dalgún dano, indicar ao transportista que o especifique no albarán de entrega para a posterior reclamación.

O cliente ten 24 horas despois de recibir o paquete para calquera reclamación dunha incidencia da mercancía entregada.

O prazo de cambio é de 1 mes. Os gastos de envío dos cambios correrán a cargo do cliente.

En caso de devolución dalgún producto enviaremos un bono polo valor da devolución. Non facemos reenbolsos en efectivo.

Todos os nosos productos teñen dous anos de garantía.

INFORMACIÓN DE PAGAMENTO

  • Mediante transferencia bancaria. O cliente poderá optar por esta modalidade de pago. Ter en conta que non se fará o envío ata ter constancia do pago.
  • Con tarxeta a través da pasarela segura de pago de Abanca

Pódese pedir factura. Só tes que solicitalo mediante correo electrónico aportando os datos de facturación.

Dende a web só mandamos á España peninsular. Se estás interesado nos nosos productos contacta con nos  e atoparemos un xeito  de facerche chegar o pedido.