Innovando a tradición

Somos un equipo apaixoado e comprometido cos traballos artesanais

Dende Porta da Pía Artesanía, queremos mostrarlles unha coidada selección dos productos máis significactivos dos mellores artesáns de Galicia. Traballamos para proporcionarlles cultura, arte e deseño, producidos de maneira sostible, productos coidados con moito mimo e a sabiduría do oficio e profesionalidade.

Creemos no valor do artesanal

E no desenvolvemento social e cultural que produce na nosa terra. Por iso vivimos, por e para este proxecto dende 0 2012, intentando incorporar o noso gran de area nesta comunidade.

Sobre min

Son Susana

A responsable deste espazo de venda de artesanía e deseño galego.
De pequena sempre fun unha apaixonada da natureza. A curiosidade levoume a estudar Bioloxía.
Gostábame afundir as miñas mans no barro, crear formas. Recoller cunchas na praia….
Despois chegaron o coiro, fimo, metal,.. deseño de xoias…. Ghegheghé.
Como vedes, a artesanía acompañoume dende a infancia e coma non podía ser doutro xeito, cruzóuseme no meu camiño a posibilidade de por en valor, promocionar e divulgar a artesanía galega, defender a mestría e profesionalidade dos artistas/artesáns e loitar por un traballo digno. Do local ao global.

Meu equipo e mais eu agardámosvos.